1 BACHARELATO : INFORMACIÓN SOBRE RECUPERACIÓN DE AVALIACIÓNS 1 E 2 NO TERCEIRO TRIMESTRE
TÁBOA COS CRITERIOS DE AVALIACIÓN E DOCUMENTO NO QUE SE INFORMA SOBRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PRIMEIRO E SEGUNDO TRIMESTRE QUE NON SON REITERADOS NO TERCEIRO TRIMESTRE
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - RECUPERACIÓN
O ALUMNADO QUE NON TEÑA SUPERADO ALGÚN CRITERIO DE AVALIACIÓN NOS DOUS PRIMEIROS TRIMESTRES:
- Será avaliado dos mesmos criterios de avaliación integrados no terceiro trimestre. Se neAste momento son superados os mínimos para a calificación positiva, considerarase que recuperou eses criterios de avaliación.
- Aqueles criterios de avaliación que non se integren no terceiro trimestre serán susceptibles de avaliación específica no terceiro trimestre, para verificar que teñen sido superados.
Lembranza sobre a recuperación (extracto da Programación Didáctica):
Criterios de recuperación:
ORDINARIO - AVALIACIÓN 3
• Unha vez realizada a cualificación do trimestre: o alumnado que non supera unha unidade didáctica (ou que a supera pero quere mellorar a súa cualificación) recibirá as indicacións oportunas do profesorado a través dun plan de recuperación específico e poderá subir a súa cualificación ao longo do resto de trimestres; unha vez acadada unha mellor cualificación, o profesorado a comunicará á alumna ou o alumno e á persoa titora na xunta de avaliación correspondente e a tomará en conta para realizar o recálculo da cualificación do trimestre e, en especial, recálculo que será o referente á hora de realizar a avaliación final da materia (o mesmo sucederá co alumnado interesado en subir a súa cualificación).
EXTRAORDINARIO
Criterios de recuperación ao final de curso sobre o total da materia:
O alumnado que pese a recibir un plan específico de recuperación da materia en cada un dos trimestres no momento no que non superara a materia, terá un prazo específico de 15 días (os primeiros 15 días de xuño) para acadar as aprendizaxes non superadas seguindo o plan de recuperación que terá como referente os mínimos de consecución da materia e que se entregará a finais do mes de maio. Indicaranse as tarefas que se deben realizar que, de forma xeral, serán as que non se superaron en cada unidade didáctica e trimestre.
No caso de recuperar algunha das aprendizaxes, aplicarase a mellora na cualificación correspondente por unidade didáctica e trimestre e esas novas cualificacións serán as que se empreguen para obter a cualificación final da materia. A materia enténdese superada cando se acada unha cualificación igual ou superior a 5 puntos, isto é ao 50% dos resultados esperados e se superen as aprendizaxes mínimas refereridas.
Do mesmo xeito, procederase no caso de alumnado interesado en mellorar a cualificación das súas aprendizaxes pese a que xa obtivera un resultado positivo. Logo das tres avaliacións trimestrais e da proposta de traballo específica para este alumnado, se non obtén unha cualificación positiva terá a oportunidade de recuperar a materia realizando unha proba final sobre os criterios de avaliación e contidos da materia a criterio do Departamento de lingua castelá e literatura, que terá en conta as necesidades de atención educativa do alumnado.
A avaliación será positiva cunha cualificación nesa proba final igual ou superior a 5 puntos (todas as cualificaciónsredondearanse ao número enteiro superior a partir do decimal 0,5 incluso no caso dunha cualificación de 4,5 puntos ou superior), esto é, máis dun 45% dos resultados esperables e superados os mínimos indicados con respecto a cada criterio de avaliación.


Comentarios
Publicar un comentario