+Sobre avaliación
Tal e como está indicado na lexislación e na nosa PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA, a avaliación é un proceso continuo e progresivo, que incorpora, por tanto, reforzo, ampliación e recuperación.
Sempre, introduciremos na avaliación das novas unidades didácticas os Criterios de Avaliación previos, de tal maneira que se verifique a posible aprendizaxe adquirida tras implementar os procesos de mellora.
Isto non significa que, por exemplo, nunha proba escrita haxa máis cuestións, senón que sempre as novas probas incorporarán a verificación das aprendizaxes anteriores.
Por exemplo, se nunha UD 1 traballamos co Criterio de Avaliación relacionado con recoñecemento das linguas da Península Ibérica e do seu estatus, usos, etc... e na UD 2 co Criterio de Avaliación do Bloque 1, "As linguas e os seus falantes", referido a estereotipos, prexuizos e convivencia entre linguas, unha cuestión como: "Explica como se aplican os estereotipos e os prexuizos lingüísticos a diferentes situacións, relacionadas coa maior ou menor protección das linguas. Aplica a túa resposta á situación do catalán na zona oriental de Aragón, en Cataluña e en Andorra." Verificará - pois para responder, é necesario saber que o catalán non ten ningún estatus de recoñecemento en Aragón, que é cooficial en Cataluña e oficial en Andorra- se existiu unha mellora con respecto á aprendizaxe previa e se, por tanto, se recoñecen as linguas peninsulares e as súas situacións.


Comentarios
Publicar un comentario