UD1 SA1 S1 A ENTREVISTA DE TRABALLO

 






A ENTREVISTA DE TRABALLO


Antes de nada escribe o teu nome e apelidos no folio que se entregou e despois coloca na parte superior o epígrafe: NOTAS e na metade do folio o epígrafe: INFORME.


Candidatámonos para un posto de traballo como redactores/as dunha revista e citáronos para ser entrevistados/as.

Unha entrevista de traballo






Agora, por pares e seguindo o guión imos facer entrevistas de 4 m. de duración, para un traballo na redacción dunha nunha sección dunha revista (SOCIEDADE/ CULTURA /DEPORTES/ CIENCIA/ CREACIÓN LITERARIA /MUNDO DIXITAL/ PORTADA E COORDINACIÓN).

Unha persoa vai ser entrevistador/a e outra candidato/a.


Nas entrevistas, cada candidato/a revelará: 

A sección á que se candidata e  as súas preferencias, características, habilidades, etc. 


Os/as compañeiras (entrevistador/a) tomarán algunhas notas sobre: 


Datos persoais, formación, experiencia, funcións, motivacións, adecuación.


Unha vez finalizada a entrevista, cada compañeiro/a

redactará un breve informe sobre a persoa á que entrevistou,

no que indicará, de xeito redactado, cales son os seus datos

persoais, formación, experiencia, funcións, motivacións,

e adecuación.

Entregaremos o folio ao final da clase.





Comentarios

Publicacións populares