AVALIAR


 

AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN –  BACHARELATO


Sobre instrumentos de avaliación:

Ø  Observación sistemática:

  •  Heteroavaliación con rúbrica
  •  Heteroavaliación con lista de cotexo
  •  Avaliación do portfolio (con lista de cotexo)
  •  Avaliación do producto (con rúbrica)
  •  Proba oral (con rúbrica)
  •  Anecdotario (con rúbrica)
  •  Coavaliación (con rúbrica)
  •  Autoavaliación (con rúbrica)

Ø  Proba escrita (sempre con rúbrica e heteroavaliación):

  •   Proba de verificación sobre adquisición de contidos
  •   Proba de verificación sobre aprendizaxe individual nos traballos/proxectos colectivos
  •   Proba de verificación sobre comprensión ou expresión
  •   Proba de verificación sobre desenvolvimentos competenciais parciais
  •   Proba de verificación sobre o desenvolvimento de aprendizaxes propia dun critério de avaliación
  •   Proba de verificación da ampliación ou enriquecimento curricular
  •   Proba de verificación da aprendizaxe obtida tras o reforzo e/ou a recuperación dun critério de avaliación)
  •   Proba de verificación de aprendizaxe global referida á unidadade didáctica
  •   Proba de verificación de aprendizaxe global referida a un trimestre
  •   Proba de verificación de aprendizaxe global referida ao curso

Sobre porcentaxes de aprendizaxe de cada critério de avaliación:

MOI BEN (90-100%)

BEN (80-70%)

MÍN. CUAL. POS. (60-50%)

NECESI REF. (-50-40%)

NECESITA  REC. (-40-0%)

Sobre cualificación:

- EXTRAORDINARIA: Correspóndese co resultado dunha proba escrita (con rúbrica) na que se integrarán todos os criterios de avaliación do curso

- FINAL ORDINARIA: Correspóndese coa suma das porcentaxes das unidades didácticas que compoñen o curso aplicados previamente à cualificación das anteriores as medidas de ampliación, reforzo ou recuperación previstas.

- TRIMESTRAL (AVALIACIÓNS): Aplicación trimestral dunha porcentaxe do valor da cualificación total do curso curso, que se corresponde coa suma das porcentaxes das unidades didácticas que a compoñen, aplicados previamente à cualificación das anteriores as medidas de ampliación, reforzo ou recuperación previstas.

- UNIDADES DIDÁCTICAS:

·        - Aplicación para cada UNIDADE DIDÁCTICA dunha porcentaxe com respecto ao valor total do curso (p. ex. 10%)

·        - Aplicación para cada CRITERIO DE AVALIACIÓN nunha Unidade Didáctica dunha porcentaxe com respecto a dita Unidade didáctica (p. ex. 20%)

·        - Aplicación a cada Criterio de Avaliación duns INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN cun valor porcentual que se aplicará aos indicadores de logro de cada Criterio de avaliación (p. ex Instrumento de av. 1 – 60% e Instrumento de avaliación 2- 40%) - Poderá haver um úmico instrumento para cada CA

Sesión de avaliación, a través dunha proba escrita. Do mesmo xeito, o cada alumno/a entregará nun  único PDF o contido do seu caderno manuscrito (ata dous días despois da proba. O uso da IA non será admitido, de xeito que invalidará as produccións, ao igual que calquera acción que supoña fraude ou tentativa de fraude con respecto á avaliación das aprendizaxes.

A proba escrita incorporará a avaliación das aprendizaxes competenciais relativas aos criterios de avaliación incorporados á UD.


Exemplo para a avaliación ordinaria:

Valor das UD no curso – 1, 2, 3, 4, 5 e 6 (10%) 7, 8 e 9 (15%)

– Total do curso PORCENTAXE SOBRE O 100%, que procede da suma da consecución nas Unidades didácticas - Avaliación FINAL ORDINARIA

- Total do trimestre (avaliación) MEDIA SOBRE RESULTADOS PORCENTUAIS DAS UNIDADES DIDÁCTICAS INTEGRADAS NO MESMO, aplicadas as medidas de ampliación, reforzo ou recuperación necesarias 


(p.ex. Primeira avaliación: sobre suma porcentual das UD 1, 2 e 3- 10% CADA UNHA,

- así, se un/unha estudante obtén 5% da UD1, 7% da UD2 e 9% da UD3 – Media 7% - Sería Notable (7) – Com insistencia na adquisición do MÍNIMO PARA A CUALIFICACIÓN POSITIVA de cada Criterio de Avaliación)

- Cualificación da Unidade didáctica -  Concreción dunha porcentaxe para cada o tratamento de cada CRITERIO DE AVALIACIÒN nesa Unidade Didáctica

 (p. ex. 

- CA1 20%, CA2 20%, CA3 10%, CA4 30% e CA5 20%). 

-Concreción da porcentaxe do valor de medición de cada INSTRUMENTO DE AVALIACIÓN utilizado para cada Criterio de Avaliación, p. ex. para o Criterio de Avaliación 1, utilízanse dous instrumentos INSTRUMENTO1 (40%) e INSTRUMENTO 2 (60%), aplicadas medidas de ampliación, reforzo e recuperación necesárias,, e obtemos por ex. no uso do primeiro instrumento un valor do 60% do Criterio de Avaliación, o que promediado en relación co instrumento 1 (40%) nos dá un 24% dese Criterio, e un valor do 80% coa aplicación do instrumento 2 (60%) , o que nos dá un 48%, o total será: 24%+48% = 72%, 

- o valor na UD do CA1 era do 20%, calculadas as porcentaxes correspondentes a cada CA temos un 14,4%, aplicando da mesma maneira os valores dos instrumentos de avaliación ao valor de cada criterio,

- teríamos p. ex CA1-14,4%, CA2-12%, CA3 8%. CA4 12% e CA5-10%- o que nos dá un valor total dun 56,4%. 

Como o valor porcentual da UD no curso é de 10%, teríamos que esa consecución do 56,4% das aprendizaxes da UD se transforman a respecto do curso nun 5,6% (tamén com respecto á media trimestral, anteriormente explicada). 



Comentarios

Publicacións populares