1 BAC UD1 SIT APR. 1

 

 


UD 1

1BAC

 

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 1

 

DOCUMENTO 1

 

1. Linguas oficiais da Península Ibérica
-O idioma oficial de Xibraltar é o inglés usado polas institucións, a televisión pública e o ensino. A lingua coloquial de moita xente é o llanito, mestura de español, inglés e outras linguas.
-Andorra é o único estado que ten como idioma oficial o catalán, tamén se fala moito o castelán e o francés.
-O idioma oficial de Portugal é o portugués, por número de falantes nativos é a sexta lingua máis falada do mundo. Supón a continuidade do galego-portugués. É lingua oficial en Brasil e outros estados africanos. Desde 1999 tamén é oficial en Portugal o mirandés, usado por uns 15.000 falantes.
-A lingua oficial do Estado español é o castelán ou español, a cuarta lingua máis falada no mundo, oficial en moitos estados americanos. É a lingua oficial única en moitas comunicades autónomas e cooficial noutras.
2. Linguas cooficiais.
-O catalán é a lingua oficial duns dez millóns de persoas en Cataluña, Illas Baleares e, segundo algúns, na Comunidade de Valencia.
-O valenciano é lingua oficial na Comunidade Valenciana. Existe unha controversia entre os que consideran o valenciano como unha variedade do catalán e os que o consideran unha lingua diferente.
-O aranés é unha lingua occitana usada por varios miles de persoas no Val de Arán pero considerada cooficial en toda Cataluña.
-O éuscaro é a lingua oficial no País Vasco e unha parte de Navarra (Euskal Herria). Non é unha lingua románica.
-O galego é a lingua oficial en Galicia. Fálase tamén no occidente de Asturias, no Bierzo, e en Seabra. Variante do tronco galego-portugués.

- O mirandés é cooficial en Miranda do Douro, en Portugal.


Non teñen consideración como oficiais o asturiano ou bable, o aragonés e a fala de Estremadura ou galego do Val do Ellas

FONTE adaptada  https://ogalego.gal/exercicios_de_lingua/exercicios/selectivolingua1_archivos/2022/socio7.html

 

DOCUMENTO 2

España é un Estado plurilingüe. Máis do 40% da poboación vive en territorios nos que o castelán convive con outra lingua oficial ou non oficial.

1. LEXISLACIÓN

A Constitución Española (1978), no artigo 3º, sinala o plurilingüismo do Estado e establece a cooficialidade do castelán coas outras linguas españolas. 3.1 O castelán é a lingua española oficialdo Estado. Todos os españois teñen o deber  de coñecela e o dereito de usala. 3.2 As demais línguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos. 3.3 A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural (...) obxecto de especial respecto e protección.

O Estatuto de Autonomía: no ano 1981 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia, que declara que ogalego é a lingua propia de Galicia, oficial xunto co castelán. 5.1 A lingua propia de Galicia é ogalego. 5.2 Os idiomas galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito de os coñecer e os usar.5.3 Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciaráno emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa e disporán os mediosnecesarios para facilitar o seu coñecemento.

2. LUSOFONÍA

O portugués e o galego teñen unha orixe común. Compartiron designios políticos eculturais na que se considera a etapa de maior esplendor e prestixio para a nosa lingua. Xa no século XII, a historia de Galicia e a de Portugal toman camiños distintos, que influirían na fortaleza edesenvolvemento social de ambas as variedades.

En Portugal existen dúas linguas: o portugués (lingua maioritaria) e o mirandés (falado en Miranda do Douro), que é unha variante do asturleonés.

Chámase lusofonía ao conxunto de 9 países cuxa lingua oficial é o portugués: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea- Bissau, Guinea Ecuatorial, Angola, Mozambique, Timor Oriental e São Tomé e Príncipe. As grandes similitudes entre galego e portugués facilitan a comunicación dos galegos com 250 millóns de cidadáns de Europa, África, Asia e Iberoamérica que o falan.

3. AS LINGUAS NA PENÍNSULA IBÉRICA

Linguas oficiais (idioma establecido como de uso corrente nos actos de gobierno dun Estado).

As linguas propias son as que teñen a súa orixe histórica nas comunidades humanas que se asentaron e desenvolveron nun lugar determinado. Non todas as linguas propias son oficiais.

-O idioma oficial de Xibraltar é o inglés usado polas institucións, a televisión pública e o ensino. A lingua coloquial de moita xente é o llanito, mestura de español, inglés e outras linguas.

-Andorra é o único estado que ten como idioma oficial o catalán, tamén se fala moito o castelán e o francés.

-O idioma oficial de Portugal é o portugués, por número de falantes nativos é a sexta lingua mais falada do mundo. Forma parte do sistema galego-portugués. É lingua oficial en Brasil e outros estados africanos. Desde 1999 tamén é oficial en Portugal o mirandés, usado por uns 15.000 falantes.

-A lingua oficial do Estado español é o castelán ou español, a cuarta lingua máis falada no mundo, oficial en moitos estados americanos. É a lingua oficial única en moitas comunicades autónomas e cooficial noutras.

Linguas cooficiais (nun mesmo territorio conviven dúas linguas e as dúas son oficiais).

 Todas as comunidades que recoñecen a cooficialidade das súas linguas propias aprobaron respectivas leis de normalización lingüística, co fin de promover e regular o seu coñecemento e o seu uso, compensando así a situación de inferioridade en que se atopan con respecto á lingua estatal.

O catalán

É falado en Cataluña por uns catro millóns de falantes e tamén en Andorra e unhas zonas de Francia e Italia. É a lingua oficial duns dez millóns de persoas en Cataluña, Illas Baleares e, segundo algúns, na Comunidade de Valencia. Posúe unha rica tradición literaria dende a Idade Media. É unha lingua que goza de prestixio social e cultural. No seu sistema educativo o catalán é a lingua de todas as materias agás lingua e literatura castelá. Este tipo de programas educativos reciben o nome de inmersión lingüística.

O éuscaro ou vasco

Fálano unhas seiscentas mil persoas en Euskadi, norte de Navarra e no País Vasco francés. É unha lingua de orixe descoñecida que xa existía cando chegaron os romanos á Península Ibérica.

O non ser unha lingua románica, dificulta a súa comprensión e por iso as súas políticas lingüísticas se centran en que os habitantes do País Vasco sexan capaces de entender e falar a lingua propia.

O astur-leonés

Goza de recoñecemento oficial en Miranda do Douro (Portugal). No Estado español úsase en Asturias, aquí non ten recoñecemento oficial e só se pode estudar como materia optativa. Tamén se fala no norte e noroeste de León e un lugar de Zamora.

O aragonés

Non ten recoñecemento oficial e está en regresión e perigo de extinción, pois só sobrevive como lingua familiar e coloquial na metade norte da provincia de Huesca.

O aranés

Nome que recibe a lingua occitana falada non Val d’Arán (Pirineos) en Lleida. É lingua cooficial non só aquí senón en toda Cataluña, xunto co catalán e castelán. Ten presenza no ensino pero nonnos medios de comunicación.

O galego

É a lingua cooficial en Galicia. Fálase tamén no occidente de Asturias, no Bierzo, e en Seabra. A variante portuguesa do galego-portugués espallouno polo mundo. En Extremadura tamén existe a Fala, que se considera galego.

O valenciano

É lingua oficial na Comunidade Valenciana. Existe unha controversia entre os que consideran o valenciano como unha variedade do catalán e os que o consideran unha lingua diferente.

Non teñen consideración como oficiais o asturiano ou bable, o aragonés e a fala de Estremadura ou galego do Val do Ellas.

 

Uma imagem com texto, número, captura de ecrã, Tipo de letra

Os conteúdos gerados por IA podem estar incorretos.

 

Uma imagem com texto, captura de ecrã, Tipo de letra, número

Os conteúdos gerados por IA podem estar incorretos.

 

FONTE  ADAPTADA

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/pluginfile.php/81653/mod_resource/content/1/AS%20LINGUAS%20NA%20PEN%C3%8DNSULA%20IB%C3%89RICA.pdf

 

 

DOCUMENTO 3 

Linguas do norte da Península Ibérica no século XII

 

Uma imagem com mapa, texto

Os conteúdos gerados por IA podem estar incorretos.

 

FONTE WIKIPEDIA


TENDO EN CONTA OS DOCUMENTOS, ESCRIBE OS DADOS CORRESPONDENTES NESTE CADRO


DOC. 4

Comentarios

Publicacións populares